Sunday 12 de May de 2024

Concerto de Cámara no Auditorio da Fábrica o sábado 20 de xaneiro


O sábado 20 de xaneiro ás 19:00 horas terá lugar no Auditorio da Fábrica o concerto de cámara EnContra, un Ensemble de contrabaixos do COSCYL.

EnContra é un ensemble dinámico nacido no seo da aula de contrabaixo
do Conservatorio Superior de Música de Castela e León co obxectivo de
achegar o repertorio composto para esta formación a todos os públicos.

Está integrado por:
Nicolás García Galaz
Jessica Paz Caneda
José María Revuelta Joglar
Sara Romero Rial
Antonio Romero Cienfuegos

A entrada é gratuíta ata completar a capacidade da sala.